miércoles, 16 de mayo de 2012

Rallye Internacional Cantabria 2012

Comeza a andaina no Campeonato de España de Rallyes de Asfalto  para dous dos equipos punteiros da Escudería Lago Competición. 


O vindeiro vernes e sábado Fran Lago e Dani Castro e Fernando Rico e Sergio Martínez tomarán a saída na trixésimo cuarta edición do Rallye Internacional de Cantabria dentro da Copa Suzuki Swift 2012.



Ambolos dous equipos naroneses enfrontan esta nova aventura con ilusión e co obxectivo centrado principalmente en ir afacéndose pouco a pouco o séu novo vehículo e tomando experiencia para competir cos seus rivais. 


Según palabras do piloto Fernando Rico:


 "Queremos rodar co coche para afacernos a él. O principal e traer o coche enteiro para a casa".


O obxectivo para Franciso Lago:


  "Queremos ante todo rematar o rallye e ir adquirindo a experienza que nos falta xa que nunca corremos o Campeonato de España. Cremos que o máis importante é non cometer erros de cara ó Campeonato. Estar na saída de todos as probas e puntuar e un aspecto fundamental dentro dunha Copa e nós intentaremos que así sexa".

A proba Cántabra repite o formato do pasado ano. Comeza coa especial do venres onde se disputarán dous tramos a doble pasada:


TC1 - TC3:San Antonio - Solórzano 






TC2 - TC4: Ajo - Las pilas




Na especial do sábado disputaranse tamén dous tramos, ambolos dous a doble pasada:


TC5 - TC7: San Roque - Villacarriedo



TC6 - TC8:  Santivañez - Vega




A continuación deixámosvos uns cantos enlaces con información xeral da proba. 


Mapa xeral da proba:




Horarios:
Para mais información podedes consultar a páxina web do rallye:




No hay comentarios:

Publicar un comentario